image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UN EXTENSO , ANIMADO E PROVEITOSO COLOQUIO CON ISAAC ALONSO ESTRAVIZ







A palestra sobre a situación do galego, desenvolvida na Escola de Idiomas, o día 29 de xaneiro, a cargo de Isaac Alonso Estraviz, autor, entre outras publicacións, dun extraordinario Dicionario da Lingua Galega, o primeiro e máis exhaustivo, de xenuíno carácter semántico, e aínda hoxe o mellor enfocado, serviu non só para dar unha información histórica sintética sobre o tema. Tamén axudou a provocar un debate no que saíron os problemas intrínsecos e contextuais, socio-políticos, cos que o galego se enfronta. Debateuse sobre o ensino en galego e do galego, sobre as variades dialectais do idioma, sobre a cuestión normativa e, de forma viva, sobre a pertinencia ou non do uso da gheada, como fenómeno xeneticamente galego ou provocado pola influencia do castelán. En todo caso, quedou claro que o futuro do idioma non estaba ditado, e que, malia vivirmos unha situación crítica e de grave retroceso cuantitativo  nos seus usos, a súa sorte vai depender de se a sociedade galega acaba asumindo ou non os seus dereitos e a responsabilidade de si mesma.

Videos do acto:



Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário