image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

ABECEDARIO DE CARVALHO CALERO




O mércores, día 12, tivo lugar a presentación do libro que, co devandito título, escribiu Rafael Fernández Lorenzo sobre o universo de Carvalho Calero. Coa presenza do autor,e  após escoitalo, debulláronse algúnhas cuestións de interese para aclarar as motivacións da censura e marxinación a que foi sometida a obra do noso polígrafo polas institucións culturais e políticas oficiais. O popio autor deste libro recoñeceu que el non fora consciente da grandeza da obra de Carvalho até había dous anos, malia posuir tres ou catro libros seus na súa biblioteca persoal, en boa parte por causa de, no seu ambiente cultural, ser unha figura ocultada. O seu libro foi, en boa parte, unha reacción contra esta marxinación, esixíndolle un traballo de leitura inxente, cuxos resultados intentou resumir nun universo conceptual, ideolóxico, filosófico, literario, lingüístico, histórico e biográfico que servise para aproximar, de forma simple e didáctica, os lectores á figura polifacética de Carvalho Calero. 






Videos do acto:






Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário