image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Unha palestra ilustrativa e aclaradora

O 3 de outubro tivo lugar a palestra de Xosé Díaz sobre a reivindicación de 700 millóns de euros pola Xunta ao Goberno central por impagos regrados no funcionamento ordinario estabelecido na Lei de financiamento autonómico. Esta forma de proceder pon aínda en precariedade económica maior o financiamento da Xunta para atender servizos públicos fundamentais como a sanidade, a educación ou a política social. 
Após a palestra e o debate seguinte, quedou claro que o problema está en que o sistema de financiamento trata as comunidades autónomas de réxime xeral, todas menos Euskadi e Nafarroa, que gozan dun sistema de concerto, como nenos pequenos que non teñen capacidade para nada, debendo someterse a aceitar a cesión dunha cantidade as fins de semana indicándolles ademais no que o deben gastar necesariamente. A reclamación de Feixóo resulta demagóxica e de esmoleiro pois nunca defende ter capacidade fiscal propia  Galiza controlando ela os  ingresos e controlando e decidindo os gastos. 
Todo ao contrario,  ataca o sistema de concerto que é o único que se asenta neses criterio e fai evidente que somos nós os que sustentamos o Estado, ´non o Estado o que nos sustenta a nós.  Un sistema máis acorde coa condición nacional de Galiza e cos seus intereses que o actual unha ficción que, ademais, nos afoga. Quen desexe comprobar esta ficción con números concretos e ver as mentiras e patrañas de Feixóo, ademais da incapacidade do sistema actual para que podamos avanzar como pobo, pode ler nesta mesma web o estudo de Xosé Díaz ao respecto.




Fotos e vídeo: Miguel Anjo.



Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário