image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

NATUREZA E ARTE en combinación harmónica: a pegada dunha Galiza de seu

O día 19 de outubro, organizada por Medulio, tivo lugar a excursión por terras do románico, en concreto de Chantada e O Saviñao, no antigo Condado de Lemos. Para alén de gozar dunha paisaxe que cautiva por manter o bosque autóctono intacto e unha explotación da vide con moitos séculos detrás, co río Miño como vertebración e referencia central, visitamos igrexas dos séculos XII e XIII, románicas ou románico-góticas, algunhas delas núcleo relixioso de mosteiros inicialmente dúplices, de hokes e mulleres, centros tamén económicos dunha zona de grande riqueza agraria e pesqueira, que axudaron a fixar poboación nos seus arredores. Así pasamos por Bembibre, Nogueira do Miño, San Estevo de Ribas de Miño, Diomondi e Sete Ventos...
En tres delas (Bembibre, Nogueira e Sete Ventos) contemplamos pinturas dos séculos XV e XVI, que foron, o mesmo que as igrexas, moi ben explicadas por unha guía local, Begoña, con claridade expositiva, razoamento, e coñecementos, para alén de entusiasmo e información sobre a economía da época e a dos nosos días. 
As persoas participantes, 45, malia a chuva que nos acompañou a metade da xornada, sentíronse compensadas pola contemplación de arte e natureza que nos evidenciaba tamén o poder económico e o desenvolvemento de a Galiza de entón, e polo bo facer e acollida que nos dispensaron non só a guía senón o sacristán de Nogueira e quen nos atendeu nos restaurantes de Chantada con esmero e eficacia.






















  

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário