image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación do Caderno do Sermos sobre 1968 na Galiza



Interesante e moi positiva para coñecer o noso pasado máis próximo, aínda vivo en moitos fenómenos do presente, foi a palestra que, con tal motivo, se celebrou na libraría Galiano o día 28 de novembro, coa participación de Xoán Costa, presidente do consello de administración do Sermos, e de Xesús Sanxuás Formoso, autor dun dos artigos da publicación, presentados por Elia Rico, presidenta de Medulio. 
 
 
En especial, a intervención de Sanxuás, espertou curiosidade e preguntas sobre o uso da palabra galeguismo e a súa equivalencia a nacionalismo, o nacemento da nova canción galega ou a distribución de propaganda sobre o Día da Patria Galega de 1968 nunha  cidade como Ferrol e os  contactos da UPG nela. Xoán Costa aproveitou para explicar a razón da publicación destes cadernos que tanta aceitación están a ter, e asemade para explicar como vai o proceso e as subscricións para lograrmos contar cun diario galego.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário