image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

A derradeira leición do mestre, o seu significado e valor




Celebrouse no Antigo Hospicio o día 13 de novembro a palestra sobre o cadro de Castelao  coa intervención de Manuel Rei Romeu, especialista no autor, e Ladislau da Regueira, pintor. No salón de actos do Antigo Hospicio, cheo de xente, unhas cen persoas asistiron a unha explicación dun cadro cargado dun fondo valor artístico e simbólico, dentro do contexto no que foi orixinado e da evolución da obra artística do autor. 
 
 
 
Especial fincapé ´fixeron os relatores en subliñar que non se trata dun cadro sobre os mestres represaliados polo fascismo após o golpe de estado militar do 36, senón en principio unha alusión directa ao asasinato de Alexandre Bóveda, cuxa face o cadro reproduce, desenvolvendo desde aquí un significado máis xeral sobre a represión, o terror que se impuxo nunha Galiza indefensa por parte dos facciosos, unha homenaxe a todos os que sufriron persecución e morte e unha expresión de dor que se converte en esperanza nos nenos que contemplan o cadáver desolados, en pé e rendendo tributo ao mártir. Esta actividade foi o pórtico á viaxe que Medulio, xunto con Ferrolterra Antiga, organizan a Compostela para contemplar A derradeira leición do mestre, o día 15 de nadal, con saída de Ferrol ás 16.30..

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário