image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

PROGRAMACIÓN MES DE XUÑO


A SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO ten organizado para este mes varias actividades de sumo interese, que abranguen aspectos moi diversos relativos á nosa realidade nacional galega:

Día 13, mércores, ás 20 horas, no Antigo Hospicio, contaremos coa presenza de Juan José Ibarretxe, lehendakari do goberno vasco entre 1999 e 2009, que disertará sobre o problema das nacións no Estado español.
Día 16, sábado, desde as 11 da mañá até as 19 da tarde, XORNADAS DE HISTORIA MEDIEVAL GALEGA NO CASTELO DE MOECHE, conforma ao seguinte programa:

XORNADAS DE HISTORIA MEDIEVAL NO CASTELO DE MOECHE
Día 16 de xuño

Ás 11 horas, andaina de interese xeolóxica (saída do castelo), dirixida polo xeólogo Francisco Canosa.
Ás 12.45, Dos suevos aos irmandiños: As orixes dos castelos no reino de Galiza, por Carlos Lixó, investigador da Universidade de Santiago.
Ás 14.30, Xantar de irmandade.
Ás 16.30, O estandarte real galego: orixe e evolución, por Alexandre Peres Vigo, profesor de Historia e Xeografía.
Ás 18.30, actuación musical
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse, chamando ao teléfono 646571168 ou 609567105, até o 13 de xuño.
Organiza, MEDULIO......Colabora, CONCELLO DE MOECHE


Día 21, ás 20 horas no Antigo Hospicio, presentación do proxecto de diario en galego.
Día 26, ás 20.30 horas, Teatro Jofre, poetas clásicos galegos musicados

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário