image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

INFORMACIÓN E DEBATE SOBRE A FOLGA XERAL GALEGA DO 19 DE XUÑO

 
 
UXT e CCOO que estaban convidados non acudiron
 
Celebrouse o día 29 de maio a palestra sobre a necesidade e oportunidade dunha folga xeral galega para o día 19 de xuño, tal e como convocou a CIG. Lamentabelmente, malia estaren convidados, non asistiron a expor os seus puntos de vista ao respecto nin CCOO nin a UXT, se ben esta explicou as razóns da súa inasistencia: a posición da dirección era non apoiar esa convocatoria de folga e o secretario comarcal non consideraba oportuno participar nun debate criticándoa.  CCOO non contestou nin as correos electrónicos que se lle enviaron e mesmo non atenderon sucesivas chamadas telefónicas.
 
Manuel Grandal, secretario comarcal da CIG. expuxo os argumentos que levaron a central sindical nacionalista convocar a folga para o 19, subliñando os moitos motivos, laborais, sociais, económicos e políticos que a xustificaban. A seguir abriuse un coloquio que dou pé a clarificar o sentido da mesma nun contexto político como o actual, tan necesitado de que o pobo galego, as súas clases traballadoras, en especial, fagan ouvir a súa voz, como representativas do país e principais damnificadas do papel que cumprimos dentro do estado español

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário