image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Atención! DE grande interese!


Día 19, ás 20 horas no Antigo Hospicio, Quen e como se financian os servizos públicos na Galiza hoxe? Xosé Díaz Díaz, experto en sistemas de financiamento, responde ás seguintes preguntas:
1.-Qué é un sistema de financiamento?
2.-Qué tipos de sistemas de financiamento existen no caso do Estado español?
3.-Como funciona e que obxectivos políticos persegue o sistema de financiamento xeral?
4.-Cal é a carga fiscal soportada realmente por Galiza?
5.-Ten ou non Galiza capacidade para financiar o seu autogoberno?
6.-En que consiste o denominado sistema de concerto?
7.-Cais son logo as diferenzas cuantitativas e cualitativas entre os dous sistemas, o xeral e o de concerto?
8.-Que acontece co sistema de financiamento dos concellos galegos?
9.-Ten Galiza capacidade para poder contar cunha política fiscal que garanta unha autonomía política beneficiosa para o país?
10.- É o sistema de financiamento a única forma de succión de recursos económicos de Galiza ou hai outras formas de apropiación do noso excedente a maiores?
Trátase dun seminario no que cada unha destas preguntas será respondida nun tempo nunca superior aos cinco minutos, para logo entrar nunha rolda de intervencións por parte das persoas asistentes co obxectivo de clarificar unha serie de cuestións que, malia a súa importancia para o noso benestar e progreso como pobo, se agochan ou manipulan coa intención de crear na sociedade galega a idea de vivirmos grazas a España.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário