image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

DIDÁCTICA E AMENA PALESTRA SOBRE O REINO DOS SUEVOS DA GALIZA


Alexandre Péres Vigo desenvolveu unha amena disertación sobre o reino suevo da Galiza, apoiado en imaxes tiradas da exposición que, sobre esta cuestión, está aberta en Ourense. Falou sobre a chegada dos suevos a Galiza, a instauración do seu reino, os sucesivos monarcas e vicisitudes, prestando especial atención á forma de convivencia e incardinación coa sociedade galaico-romana. 



 Asemade subliñou que foi o primeiro reino xermano que se instalou , a finais do Imperio romano, nunha zona da Europa. Explicou a conversión dos suevos ao catolicismo, tamén a primeira entre os xermanos. Puxo de relevo que emitiu moeda propia, en abundancia e variedade. E indicou que chegou a dominar case toda a península a mediados do século V. 



Nada menos que 175 anos de duración tivo que, contra toda evidencia, son anulados na historia que se imparte aos nosos escolares, para os que só existe o reino visigodo, conforma aos libros de texto ao uso, de forma exclusiva ou abafante. Alexandre Péres ilustrouno cun libro de secundario en uso do ensino obrigatorio na Galiza.

 
Ao final, houbo un animado coloquio, coa participación dos varios dos asistentes. A palestra forma parte da información previa á excursión que Medulio organiza para o día 3 de marzo a Ourense coa finalidade de visitar a exposición devandita.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário