image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Programación xaneiro 2018

Día 11, quinta feira, ás 20 horas, Antigo Hospicio, Catalunya, un pobo con conciencia, con Carles Campuzano, portavoz do PDeCat no Congreso dos Deputados. Unha boa ocasión para informarse de verdade e debater sobre a situación política en Catalunya, as perspectivas a curto  e medio prazo do nacionalismo catalán e o contraste coa situación na Galiza.

Día 19, sexta feira, ás 19.30, Escola de idiomas, A revolta popular de marzo de 1918 na comarca de Ferrolterra, con Laura Tato, profesora da Universidade da Coruña,  e Joam Tavia, historiador. Esta actividade organízaa a Comisión, da que forma parte Medulio, con outras moitas asociacións,  que esta a realizar actos en toda a comarca sobre este suceso histórico pouco coñecido, por agochado e censurado co paso do tempo mais de grande relevancia e impacto no seu momento.

Día 24, cuarta feira, ás 20 horas, Antigo Hospicio, presentación do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, editado pola Fundación Galiza Sempre, coa que organiza este acto conxuntamente Medulio, participando o seu autor, Carlos Babío Urkidi e o presidente da devandita Fundación, Francisco Jorquera Caselas.

Día 20, sábado, ás 20 horas, Casa Manuel María, Outeiro de Rei, actuación do Grupo de Teatro de Medulio con Mal de Moitos de Charlón e Ermida, obra de 1915, representativa do teatro popular de intención didáctica que estes actores e autores promoveron durante a época das Irmandades da Fala. É a cuarta vez que o noso Grupo a representa.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário