image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

OS VIQUEIRAS: bo facer con alegría e participación popular.

O día 15 deste mes, no Salón do Antigo Hospicio, os Viqueiras, grupo de canto e baile populares galegos, deu unha magnífica proba da súa capacidade para arrastar ao público a unha participación activa, logrando a identificación dos e das asistentes. 
 





 
 
Os cinco membros do grupo, alén de excelentes músicos, son persoas entusiastas do noso patrimonio inmaterial, en concreto o musical. Eles son: Manuel Viqueira Noia (gaita e voz); Serxo Núñez Martínez (gaita, clarinete e voz); Alberte Núñrz Martínez (acordeón e voz): Beni Frecha Arufe (tambor, caixa e voz); José A. Vázquez Martínez (bombo, pandeiro e voz)...
 
Muiñeiras, xotas, valsas, pasodobres e rumbas soaron tan divinamente que o público se entregou, sabendo ou sen saber os cánones para bailar cada peza...Houbo parellas de baile que o fixeron coa habelencia requerida, outras coa súa participación espontánea sen máis....
 
Todas as persoas gozaron e aplausaron a rabiar a quen lles fixo pasar unha tarde tan máxica como inesperada. Ao final, a maioría dos asistentes mercaron exemplares do seu CD VILAVERDE, que está tamén á venda na libraría da Rúa Galiano, a carón de Abanca.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário