Magosto rumboso
Medulio celebrou novamente o magosto o 1 de novembro, entre cinco e nove da serán en Lago (Valdoviño). Máis unha vez, grazas á xenerosidade de Fidel, contamos cun espazo natural, ao ar libre, espléndido.
Persoas de todas idades, desde crianzas e meniños, puidemos disfrutar dunha tarde e serán cheos de maxia, música e boa comida (castañas de Vilalba asadas, bos chourizos, doces caseiros variados, agasallos de Fidel, Remedios e Carolina, viños e augardente)...Animada conversa e boa compañía.
Ao final , unha traca de cancións, coa dirección e a gaita de Manuel Viqueira, e baile, moito baile...Todo presidido pola nosa cabaza do Samaín debidamente iluminada por vela pousada no seu interior...
0 comentários:
Postar um comentário