image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

[Actualizado] Actividades outubro e novembro


Medulio recupera o ritmo ordinario de actividades, dedicadas este mes de outubro a coñecer a historia e o patrimonio cultural do noso país en diferentes aspectos, a través de propostas que van desde visitas a exposicións, a festas populares, pasando por seminarios e debates.

10 de outubro, terza feira, ás 19.30, local de Medulio no Antigo Hospicio, seminario "Preparando unha visita: Fernando II e Afonso VIII, reis de Galiza, no Panteón Real da Catedral de Santiago", con Francisco Rodríguez.

20 de outubro, quinta feira, ás 19.30, no salón de actos do Antigo Hospicio, "A aparición do galego-portugués na escrita formal en substitución do latín", con José António Souto Cabo, profesor da Universidade de Santiago.

1 de novembro, magosto popular, en COVAS, a partir das 16.30

4 de novembro, sábado, excursión a Santiago con visita á exposición sobre o mestre Mateo e o Panteón Real.

Primeira semana de Novembro, SAMAÍN, reparto de cabazas entre particulares, comercios e hostelaría

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário