image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

PONDALIANA: o Jofre, cheo; o público, encantado

Traballando a uña de cabalo, nun tempo record, e con voluntarismo e xenerosidade por parte de músicos e cantores, puido estrearse o día 24, tal e como estaba previsto o musical que a Sociedade Cultural MEDULIO impulsou, para lembrar os cen anos da morte de PONDAL, un dos tres grandes clásicos da nosa literatura do XIX.

Foi a única lembranza realizada, das poucas que se fixeron, en base a musicar nada menos que 16 poemas do autor. O resultado foi un estoupido poliédrico de rexistros e estilos, na melodía,  e nas formas musicais, que fixo a delicia do público asistente.  Este, ao final do acto, posto en pé, ao compás da gaita de Alberte Maceiras, e o bombo de Lidia Piñeiro, entoou  o himno galego que, como se sabe, ten letra de Pondal, e música de Pascual Veiga, na versión do propio escritor, sen os erros da versión oficial.

Anexamos a continuación o programa informativo de PONDALIANA, cos poemas musicados de Pondal, os distintos autores da música, os músicos executantes e as voces (descargar PDF aquí)

A SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO, máis unha vez, reitera o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posíbel este espectáculo, en especial aos artistas, cantantes e músicos, que, coa súa entrega desinteresada, o levaron adiante. Non esquecemos tampouco a xenerosa colaboración do CONSERVATORIO DE MÚSICA de Ferrol cedendo o seu auditorio para varios ensaios e mesmo deixando en usufruto varios instrumentos, durante unhas horas, coas debidas garantías no traslado e na seguridade.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário