O profesor Manuel Rei Romeu, na palestra celebrada o 19 de maio, no antigo Hospicio, fixo un percorrido pola obra novelística de Carlos Casares, analizando que actitude vital e que concepción moral de Galiza e do mundo transmitía. Ficou claro que, en moitos casos, se trata de xustificar co recurso á fantasía, a través da creación literaria, condutas, opinións e actitudes do propio autor.
Especial atención mereceu o galego empregado polo escritor, ás veces caracterizado por unha aproximación ao castelán que evidencia unha concepción do idioma galego, como algo subalterno, dependente, até o extremo de lexitimar as consecuencias da diglosia españolizadora, sen afán ningún de usar léxico vivo ou restauralo, en nome de facerse entender.
Ao final orixinouse un coloquio onde se comentaron distintos momentos da súa vida e da súa participación dos debates políticos da transición en Galiza, desde unha postura de maior adhesión ao réxime bipartito e á autonomía limitada e cativa de Galiza.
En vídeo:
Fotos e vídeo: Miguel Anjo
0 comentários:
Postar um comentário