image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un magosto agarimoso



Amparados pola amabilidade, organización e traballo de Fidel, a súa dona Inés, e o seu irmán Ixinio, celebramos o magosto persoas socias e amigas de MEDULIO, o sábado, día 22, pola tarde, nunha finca en Lago (Valdoviño), propiedade dos devanditos amigos. 

Alí cantamos e bailamos ao son da gaita, que o gaiteiro, Manuel Viqueira, tocou con habelencia á vez que cantaba con graza popular, incitando e logrando a participación colectiva, da que dan boa proba as imaxes que anexamos. Comemos castañas asadas a eito, chourizos ao forno, pan sabroso, e doces orixinais, e bebemos Mencía con moderación. 


Foi unha tarde de fraternidade, inzada de boa conversa, moita festa e espírito galego. Un tempo dondo, risoño e pousado colaborou ao  gozo dos asistentes naquel medio privilexiado. Non faltou a foto colectiva, a que podemos considerar a familia de Medulio. 


Presidiu a mesa a cabaza caveira  do SAMAÍN, en portas....O noso agradecemento tamén a Remedios, Fadrique e Paco Montero (tamén nos deleitou como cantor) que tan efectivamente axudaron  á familia anfitriona na preparación material dun magosto que celebraremos todos os anos.







Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário