image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un espectáculo de fermosura, emoción e conciencia

O día 23 de abril as 12 houbo en Ferrol, como noutras cidades e vilas de Galiza, unha eclosión de fermosura, emoción e conciencia a través da poesía de Manuel María na voz de moitas persoas reunidas para homenaxealo da forma máis apropiado, gopzando da súa arte. 

No antigo hospicio rehabilitado MEDULIO congregou a unhas cen persoas que constataron o alto valor dun poeta que foi cronista poético de máis de cincuenta anos de vida galega, e que nos legou unha visión galega do mundo. Non só se leron os seus poemas, senón que algúns foron musicados acaidamente para a ocasión por distintos grupos amadores cunha habelencia que cautivou a audiencia.













Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário