Presentoues o día 28 á 20 horas na Galería Sargadelos o suplemento do SERMOS GALIZA sobre estes acontecementos que marcaron a vida política galega por seren o xerme do nacionalismo, e representaron, ademais, unha forte convulsión contra o goberno monárquico e reacccionario do xeneral Narváez.
Alén de comentarse as colaboracións sobre este suceso histórico no SERMOS, a de Justo Beramendi, Marcos Maceira e Francisco Rodríguez. os asistentes pùideron comprobar o impacto que a rebelión tivo na prensa da Corte, en particular, e española, en xeral, unha vez derrotada, pois se aplicou unha censura férrea durante todo o tempo que foi en ascenso na Galiza. Entón non se dubidaba de os sectores populares que apoiaron a revolta do 2 de abril teren elaborado unha Constitución galega, anularen todos os actos e disposicións do Goberno de Madrid, e teren o empeño de acabar co papel de Galiza como colonia da Corte.
Que a historia oficial de España agoche estes feitos entra dentro da súa peculiar forma de ocultar que o Estado español e a nación española única foi unha construción violenta contra a vontade popular e a variedade nacional. Porén, a sociedade galega debía estar mellor informada sobre o seu pasado se quer ter futuro.
0 comentários:
Postar um comentário