MEDULIO organiza, coa colaboración do Concello de
Ferrol, unha actividade estinada a gozar do mundo poético do poeta galego máis
prolífico, de máis variados temas e rexistros da literatura galega da segunda
metade do século XX, MANUEL MARÍA. O
acto correrá por conta de 30 persoas, de
diferentes profesións e idades, que lerán ou cantarán poema do autor. Asemade
haberá a participación colectiva de todas as persoas asistentes, en distintos
momentos do acto.
Farase un percorrido pola diferentes etapas da súa
obra. Asistiremos a unha crónica poética de cincuenta anos de visión galega do
mundo, fundamentada na crenza na capacidade, na responsabilidade e na dignidade
do pobo galego.
MEDULIO convida a participar nesta festa da fermosura,
sentimento e pensamentos que MANUEL MARÍA nos ofrece nos seus poemas. Non hai
mellor maneira de celebrar desde nós o día do Libro. Haberá unha exposición de
obras do escritor, editadas pola Casa
Museo Manuel María.
0 comentários:
Postar um comentário