image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

AVISO:

Por cuestións de intendencia, dous actos programados por Medulio para este mes de abril trasládanse para o mes de maio. A representación de Aventuras e desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela, obra de Manuel María, será o día 7 de maio, no canto do 30 de abril, no lugar e hora anunciadas, o Torrente Ballester, ás 19 horas. A leitura da obra de Charlón e Hermida, Mal de moitos, xunto coa presentación dos folletos informativos, un  sobre a Irmandade de Ferrol e outro sobre os devanditos actores, traballadores da Construtora, pasan á segunda quincena de maio, con data aínda por sinalar..

O acto do día 23 de abril, ás 12 da mañán, Manuel María, capacidade, dignidade e responsabilidade do pobo galego,  na túa voz, desenvolverase no antigo Hospicio rehabilitado, praza de Amboaxe. Intervirán 25 persoas de diferente condición lendo ou cantando, con música creada para a ocasión,  cada unha un poema do poeta máis prolífico, rico en rexistros e temas, e de factura máis clásica, da literatura galega da segunda metade do século XX. Nesta páxina aparecerá, tres días antes,  o nome das persoas participantes e o título do poema escollido por cada unha. 

Por último, o acto do día 26 de abril, na Galería Sargadelos, ás 20 horas, sobre a Rebelión de 1846, contará coa presenza de Ramón Ermida, coordenador do especial de SERMOS GALIZA dedicado ao devandito acontecemento histórico, no que se recolle o esencial sobre as causas do levantamento, a participación social nel e información sobre un dos seus  impulsores civís máis activos, Antolín Faraldo. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário