image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Carlos Callón introduce con mestría a Fermín Bouza Brei


Dentro do ciclo Recuperando os nosos clásicos tocoulle a quenda a Fermín Bouza Brei da man de Carlos Callón, profesor de Literatura, escritor e agora cabeza de lista pola Coruña da candidatura galega Nós. 


Os asistentes participaron lendo poemas como Quen dera ser nao senlleira ou Gándara, alén de exporen as súas análises e opinións a repeito deles. Carlos Callón debuxou un perfil de Bouza, en base a tres alicerce: fidelidade ao país, persecución pola súa homosexualidade e compromiso co desenvolvemento da cultura galega, no aspecto literario e de investigación arqueolóxica. 

O próximo martes, día 17, terá lugar a segunda sesión sobre Bouza Brei, tamén a cargo de Callón. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário