1.-Debates políticos.
Día 28, mércores, de outubro, na Galería Sargadelos, ás 19.30 horas: Perspectivas de independencia para Catalunya, coa participación de Xavier Trias, exalcalde de Barcelona e actual portavoz do grupo municipal de CIU no concello desta cidade, e Joam Tardá, portavoz de ERC no Congreso dos Deputados.
Día 18 de novembro, ás 19.30 horas, local por determinar: O nacionalismo galego e os seus obxectivos políticos a curto e medio prazo, coa participación de representantes de todas as organización nacionalistas de Galiza.
2.-Recuperando os nosos clásicos: ciclo de leitura e comentario destinado aos poetas Bouza Brei e Manuel María.
Día 10 e 17 de novembro, sesións destinadas ao poeta Bouza Brei, dirixidas por Carlos Callón, profesor e especialista na poesía deste autor.
Xaneiro e febreiro de 2016, catro sesións destinadas ao poeta Manuel María, coa participación de catro diferentes especialistas.
3.-Excursións:
28 de novembro, sábado, excursión a Pontevedra, destinada a coñecer a obra de Castelao exposta no Museo da Deputación e a percorrer a rota que leva o seu nome.
4.-Cen anos das Irmandades da Fala:
Co asesoramento da profesora Laura Tato da Universidade da Coruña, Medulio está preparando folletos informativos sobre a importancia e vixencia deste movemento asociativo, do que se cumpren en 2016 cen anos da súa fundación, e a súa incidencia na cidade de Ferrol, para espallar en centros de ensino, asociacións veciñais e organizacións sociais de todo tipo, e público en xeral. Alén disto, proporá a colocación de placas informativas nos edificios da cidade onde celebraban as xuntas e onde viviron membros destacados das Irmandades. Especial atención terán Charlón e Hermida, dous traballadores famosos por representar, no Jofre, teatro popular de intención didáctica centrado na defensa do idioma galego e no combate contra a discriminación lingüística e o autoodio que nos converte en caricaturas. A súa obra "Mal de moitos" será espallada como teatro lido coa debida ambientación.
5.-O grupo de teatro da Sociedade Medulio comezou os traballos para levar á escena a obra de Manuel María, A espiña de toxo chamada Berenguela, tendo previsto estreala no mes de febreiro de 2016.
0 comentários:
Postar um comentário