O Secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, fixo un percorrido pola obra do escritor, centrándose nos motivos que o levaron a escribir libros como O bigote de Mimí, aínda hoxe imprescindíbeis na escola galega polo seu alto valor pedagóxico, moi ben encuberto nunha historia fluída e moi entretida por si mesma.
Xaquín Marín falou da importancia das ilustracións para editar libros con encanto e, moito máis, tratándose de libros para nenos. Referiuse a os que tiña ilustrado de autores galegos e amosou a súa ilusión por facelo co texto de Manuel. Asinou moitos exemplares para o público asistente con pequena ilustración individualizada.
Antes tivo lugar un coloquio no que se puxo de manifesto o enorme coñecemento e amor de Manuel María pola literatura galega en xeral, e os clásicos, en particular, Rosalía, Castelao e Otero Pedraio.
0 comentários:
Postar um comentário