Paco Montero tiña o empeño de demostrar a capacidade do noso idioma para a ópera. Contando coa inestimábel colaboración do pianista Andrés Pazos, deleitounos o sábado, día 29, no auditorio do Conservatorio Xan Viaño, en Ferrol, cun recital ameno, vivo e participativo. Cantou con mestría e devoción cancións napolitanas, pezas de Puccini, Schubert e Johan Strauss fillo, ademais de cancións galegas,Unha noite na eira do trigo, letra Curros Enríquez e música do mestre Chané, Meus amores, de Baldomir, letra de Salvador Golpe, e a estrea de Pobre Galicia, non debes chamarte nunca española, o poema rosaliano, con música de Andrés Pazos.
Se todo o recital engaiolou os asistentes, un público entregado, é de xustiza destacar a súa sorpresa perante as dúas últimas, pouco coñecida unha, unha novidade absoluta a outra. Desde a Sociedade Cultural Medulio queremos dar os parabéns a Paco Montero e a Andrés Pazos, ademais de lles agradecer o seu reconfortante recital.
0 comentários:
Postar um comentário