image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Sempre en Galiza, unha boa orientación para aclarar a situación política actual no Estado español e no mundo.



O acto sobre os 70 anos do Sempre en Galiza puxo en evidencia a vixencia das análises de Castelao sobre o carácter antidemocrático e imperialista do Estado español. 


As intervencións de Manuel Rei, Alberte Souto e Manuel Anxo Fernández Baz foron debullando os argumentos do noso grande político, escritor e artista sobre por que Galiza é unha nación, cal é a súa función dentro do Estado, como nación asoballada, por que e para que necesitamos ter capacidade de decidir, autodeterminación, e como  unha alternativa nacionalista é a única garantía de verdadeiro internacionalismo. Especial interese tivo a clarificación sobre o federalismo de Castelao, que nada ten a ver co que defenden algúns partidos españois. 


Para Castelao un verdadeiro Estado federal tiña que ser o prduto do pacto libre entre as nacións que o compoñen. Para iso cumpre que a nación actúe con total soberanía, que teña o seu propio proceso constituínte e que sexa a que decide o que cede, e en que condicións, para facer posíbel a unidade. Isto é, unha construción de abaixo arriba, na que a última palabra a teñen os pobos que pactan. 

De non ser así, só cabe outra alternativa para un pobo ser libre e existir, a independencia total, cun Estado propio diferenciado. No coloquio púxose de manifesto o esquecemento interesado de todo o pensamento de Castelao, da súa obra artística e da súa traxectoria política. E acordouse continuar con actividades que espallen a súa obra, en particular a plástica. 


O traballo relacionado coa Iniciativa Lexislativa Popular a este respecto que se iniciará en xaneiro, será unha boa oportunidade para facelo. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário