image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Grande expectación perante a próxima estrea da adaptación cinematográfica d'A Esmorga: cheo na Galería Sargadelos


Como estaba previsto, celebrouse con grande asistencia de público a presentación da adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor. O director, Ignacio Vilar, defendeu a necesidade de Galiza contar cunha imaxe propia no terreo do audiovisual, en particular o cinema, e incitou a un esforzo colectivo por logralo. 

Temos a oportunidade de demostrar esta necesidade e de valorala, na súa xusta dimensión, acodindo ao cine a partir do día 21 de novembro, a contemplar A esmorga, un filme que é un salto cualitativo para o cinema galego. Os novelistas, Jorge Llorca e Henrique Dacosta, subliñaron a fidelidade da adaptación cinematorgáfica de Ignacio Vilar ao espírito da novela, e louvaron as súas cualidades técnicas, formais e visuais. 

O crítico Manuel Rei formulou un feixe de preguntas que provocaron certo debate, sobre a idoneidade da elección dos actores, a ambientación na época franquista e a adecuada  relevancia dos factores de colonización no filme. 

O DíA 21 de NOVEMBRO AO CINEMA en toda Galiza: TEMOS UNHA CITA CON A ESMORGA!!!!!!

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário