image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación de “OBRAS ESCOLLIDAS, V. II”, de Bautista Álvarez


Bautista Álvarez, fundador e ex presidente da UPG: “Non podemos fiar a nosa existencia aos procesos electorais en exclusiva”

Bautista Álvarez presentou o V II das súas “Obras Escollidas” na Galería Sargadelos, de Ferrol, nun acto organizado por MEDULIO. Foi presentado por Francisco Rodríguez, camarada de partido e amigo de moitos anos. Após unha intervención breve sobre o contido dalgúns dos textos recollidos no volume, Bautista Älvarez respondeu a preguntas do público. 

Estas versaron sobre a súa valoración sobre a situación do nacionalismo na Galiza, o comportamento da esquerda estatal en relación co problema nacional galego, a Constitución española  como produto da cobertura do pacto co franquismo, a traída dos restos mortais de Castelao en 1984 e a influencia do  seu pensamento hoxe e a idoneidade ou non do uso do termo mercado para aludir aos poderes capitalistas. 

O fundador da UPG subliñou a necesidade de o nacionalismo aclarar o pobo galego sobre a situación de dependencia colonial que vive e organizalo nun combate pola mudanza do sistema, partindo do seu nivel de conciencia, e alertou sobre o frustrante que é vivir a política cunha obsesión exclusivamente electoral, por moi importante que sexa a presenza nas institucións do réxime. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário