image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Ás portas dunha nova reestruturación do sector naval na Ría de Ferrol


O acto sobre o sector naval, organiado por Medulio para o 29 de marzo, ás 20 horas, mudou de formato, xa que nin PP nin PSOE mostraron o mínimo interese en comparecer na palestra de debate. Ao final foi a deputada do BNG, Rosana Pérez, en solitario, a que explicou cais foran as iniciativas nacionalistas no Congreso, as únicas existentes sobre o NAVANTIA. 


Denunciou o comportamento do Goberno do PP, limitándose a seguir no ronsel de reducir cadros de persoal e mermar a capacidade produtiva dos nosos estaleiros, e defendeu a necesidade de seguir batallando para acabar, ademais de co veto sobre antiga Astano,  coas limitacións produtivas que pesan sobre Navantia e volver á produción tamén no sector civil, como única maneira de podermos superar esta situación crítica. Ficou claro que os sucesivos gobernos do Estado foron aplicando un deseño, agora na súa fase final, que cómpre mudar radicalmente. 

Un animado coloquio seguiu á intervención de Rosana Pérez, coa participación do público que enchía a sala da Galería Sargadelos.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário