image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Palestra e dabate sobre Navantia


O Goberno do PP no concello de Ferrol impediu, malia ter concedido o permiso inicialmente, que este acto se celebrase no Torrente Ballester, pretextando o inicio de obras antes do día 28, o que non se verificou en absoluto. Tivo que se trasladado para a Galería Sargadelos. 

Aquí,con importante asistencia, malia tratarse dun serán de dura invernía, máis de 100 persoas, desenvolveuse a palestra sobre o futuro de Navantia coa participación dos sindicatos que están representados no Comité de Empresa da Factoría (CIG, CCOO, UXT e USTG). Unha coincidencia: o previsíbel flotel era un parche que dotaría de carga de traballo para 400 traballadores durante dous anos. A plantilla da principal son 2000. 

O debate posterior ás intervencións sindicais centrouse na necesidade de acabar con todo tipo de vetos e limitacións no sector civil, as consecuencias dun inminente plan de reestruturación, a situación económica da empresa, o reparto da carga de traballo entre os distintos centros e o papel dos sindicatos e dos partidos políticos na defensa do sector naval. 

Unha conclusión: só o combate e a reivindicación continuas poderán salvar un sector industrial fundamental para a economía galega, a priori condenado polos acordos entre a Unión Europea e o Estado español. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário