image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

As voces amadas

Esta novela de Lois Diéguez foi presentada no Antigo Hospicio o 24 de novembro, participando o seu autor, Francisco Rodríguez, a actriz María Barcala e o director escénico, Xulio Lago. Rodríguez fixo una síntese da traxectoria política e literaria de Lois Diéguez, subliñando as diferenzas entre a súa obra narrativa, segundo as fases polas que pasou o país, contrastando e especial A canción do vagamundo, premio Blanco Amor, en 1987, e As voces Amadas. Barcala e Lago, a dúo, fixeron unha expresiva lectura de varios episodios da novela que prenderon no interese do público, polo que recibiron aplausos entusiastas. Finalmente tomou a palabra o autor que mostrou a súa satisfacción por como se desenvolvera o acto, e por verse rodeado de público interesado na lectura da súa novela, facendo fincapé nas condicións negativas en que, social e politicamente, vivimos, desde a esperanza fundada en que, se queremos ter futuro, cómpre reaxir.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário