image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

ADIANTE NÓS DIARIO!!!!

O xoves, 9 de novembro, no Antigo Hospicio, tivo lugar o Encontro aberto ao debate, organizado por Nós Diario, coa colaboración de Medulio, sobre a situación, incidencia e proxectos desta empresa xornalística que se fundamenta no apio popular colectivo. Con grande asistencia de público, boa parte xa subscritores do xornal en papel, ou edición dixital, após a intervención de María Obelleiro, directora, e Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza S.A, tivo lugar un coloquio moi particiativo. As intervencións subliñaron o papel de cohesión social, información veraz e coñecemento da realidade galega que este medio de comunicación na nosa lingua cumpría. Ficou tamén subliñado, por parte da directora e do presidente, o grande esforzo que significaba, con tan escasos medios, sacar un xornal diario, e a capacidade demostrada de melloralo progresivamente. Ambos denunciaron a censura informativa que promove a Xunta de Galicia e a súa agresividade persecutoria contra Nós Diario, que no recibe ningunha subvención oficial, malia ser o único xornal diario na nosa lingua. Os asistentes concordaron na necesidade de reforzar a base social de Nós Diario, vital para podermos contar cunha perspectiva informativa e de coñecemento que se centre na Galiza e desde ela mirar o mundo.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário