image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UN DIA PROVEITOSO

E espléndido. Así foi a nosa excursión o día 12 de outubro deste ano por Betanzos, Cinis e Mezonzo. Grazas ás explicacións de Antonio e Rubén, de Ferrolterra Antiga, puidemos comprobar tres cuestións básicas. Primeira, como grazas aos emblemas e escudos en pedra, descubrimos que a nosa terra tivo, na Idade media, unha clase dirixente que servía de cohesión política interna e dirixía unha estrutura social e e económica dinámica, propias dunha sociedade que, conforme ao contexto histórico, evoluía con normalidade. Segundo, especialmente en Betanzos, Igrexa de San Francisco, comprobamos o uso exclusivo do galego na epigrafía funeraria, entre os séculos XIII e XIV, chegando mesmo ao XV, e como, a partir de aquí, aparece o castelán de uso progresivo cada vez maior. Vimos, comprobado no patrimonio histórico-artístico, cal foi o proceso desde a normalidade á exclusión. Terceiro, dentro das moitas xoias artísticas que se nos explicaron, houbo algunhas únicas en toda a Península, como o calendario das estacións do ano, a través das actividades agrarias, elaborado no capitel dunha columna lateral da Igrexa de Santa María de Azougue, ou as naves, debuxadas na pedra, que aluden á actividade do comercio marítimo, en mans da burguesía vilega. Tamén tivemos coñecemento da existencia de mosteiros dúplices como Cinis e Monzón, dirixidos por abadesas, nos séculos XI e XII e antes, pertencentes a familias nobiliarias, e a súa conflitiva situación, cando se iniciou a influencia de Roma, a través de Cluny, para desfacer esa dualidade. Finalmente, visitamos o batán de Vilasantar, un lugar edénico e ben conservado, que nos retrotrae á capacidade industrial dos núcleos rurais e ao uso da auga con finalidades textis (liño, lá).

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário