Presentouse o día 28 de setembro o libro de Alexandre Peres Vigo sobre os estereótipos referidos ao pobo galego na literatura castelá do século XVII. O seu autor fixo unha exposición sobre o contido do seu libro, elaborado a partir dunha parte da súa tese de doutoramento sobre unha visión cronolóxica máis xeral. Subliñou o caudal de probas documentais respecto do carácter negativo, xenófobo e mesmo monstruoso na forma de sermos vistos pola literatura española do chamado Século de Ouro e explicou os mecanismos que funcionaron para pasarmos de ser vistos con respecto, mesmo envexa ou odio, durante a Idade Media, mentres fumos un reino con poder propio e normalidade cultural e lingüística, a considerarnos de forma grotesca e mesmo deplorábeis e deformes no aspecto moral, como forma de xustificar o dominio, o espolio e a marxinación dentro da monarquía hispánica. Francisco Rodríguez, na súa intervención, presentando os trazos biográficos, docentes e científicos do autor, subliñou o servizo das investigacións de Alexandre Peres Vigo á causa social de restauración dunha conciencia galega a través do coñecemento da nosa traxectoria histórica e cultural, que padecen silencio e ocultación. Un animado coloquio seguiu ás súas intervencións.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário