image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

MEDULIO no CONVIVIO DA CULTURA GALEGA

Como todos os anos, a nosa Sociedade Cultural participou no encontro de sociedades culturais galegas, celebrado en Outeiro de Rei, o día 8 de xullo. Seguindo a convocatoria de Galiza Cultura, e co patrocinio e colaboración da Fundación Manuel María, Casa Museo, celebramos unha xuntanza para debater sobre o estado da nosa cultura nacional e planificar o futuro inmediato das actividades a realizar conxuntamente. Previamente, os asistentes foron recepcionados na Palleira -Auditorio- da Casa Manuel María cunha actuación da coral Solfa que cantou poemas de Manuel musicados, sendo presentada polo Presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, que informou das actividades e obxectivos da mesma, con especial incidencia no mundo do canto e da música como armas de restauración cultural galega. Tamén se realizou unha ofrenda floral na tumba do poeta e de Saleta, a súa dona, falecida en setembro de 2022, quen, até a súa morte, foi impulsora principal deste evento, con grande compromiso e activismo a prol da nosa lingua e cultura toda a súa vida. Dirixiuse ao público asistente, en nome dos convocantes, Francisco Rodríguez, e cantouse finalmente o Himno Nacional. Músca e canto amenizaron unha sesión previa á comida comunal, na que participaron unhas trescentas persoas. A actuación estrela foi a da fadista galega Iria Estévez co guitarrista portugués Artur Caldeira e a Banda Sons e Soños....Pola tarde, baixo a batuta de Xurxo Souto, foron sucedéndose actuacións musicais de distinta tipoloxía. O espléndido escenario natural da Carballeira de Santa Isabel, a carón do río Miño, serviu de marco para este día de festa, convivencia e reflexión. />

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário