image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación do monográfico de Follas Novas sobre Manuel Murguía

Tivo lugar a presentación do número 7 da revista Follas Novas (1 de xuño, ás 20 horas, Antigo Hospicio), dedicado integramente á figura e á obra de Manuel Murguía co gallo do centenario da súa morte en 1922. Un numeroso a atento público seguiu as explicacións dos participantes: Xosé Luis Axeitos, director da revista; Pilar García Negro, do seu consello de redacción, e Francisco Rodríguez, do seu comité científico. Os tres interviron sobre aspectos diferentes relacionados coa obra de Murguía. A súa traxectoria vital, a intención da súa obra prolífica e a pouca consideración que se tivo con ela durante o ano 2022, centenartio da súa morte, por parte das institucións culturais oficiais galegas, foron obxecto de análise por Axeitos. García Negro centrouse en pór en valor do discurso de Murguía en 1891 en Tui desde o punto de vista ideolóxico, político e cultural, e Francisco Rodríguez analizou a historiografía do escritor, centrándose na súa visión da Idade Media Galega, subliñando os seus acertos e as súas limitacións. As persoas asistentes foron agasalladas cun exemplar da revista, que, no seu conxunto, representa un digno homenaxe crítico á figura e á obra dun dos fundadores da historiografía galega, para alén de ser un dos teóricos iniciais da fundamentación do nacionalismo galego.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário