image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

A eólica mariña e o seu impacto

Como estaba previsto, celebrouse o 13 de abril a palestra sobre o impacto da eólica mariña no ecosistema da plataforma continental galega, as consecuencias para o sector pesqueiro e o espolio que significa dos nosos recursos sen que haxa un impacto positivo na economía e sociedade de Galiza. Así o puxo de manifesto a documentada disertación de Torcuato Teixeira no acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio no Antigo Hospicio, e o debate que oirixinou entre os asistentes. Se para a pesca, os proxectos que se queren pór en marcha, por parte de grandes grupos enerxéticos e financeiros, significa a destrución dun sector económico no que Galiza aínda é unha grande potencia, para o ecosistema pode falarse de devastación e alteracións con secuelas máis que previsíbeis para a fauna dos caladoiros. Non cabe a menor dúbida de que se quere orixinar unha desmesurada produción de enerxía eléctrica desta procedencia con destino á exportación, nun país xa exportador, sen que sirva para a dinamización e o desenvolvemento interno, isto é, desempeñar unha función claramente colonial. Parece como se só houbese mar e vento nas costas de Galiza, donde se quere instalar case o cincuenta por cento da potencia proxectada

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário