image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

PRESENTACIÓN DOS 7 TOMOS DE TEATRO DE MANUEL LOURENZO

O día 1 de marzo, ás 19.30 do serán, tivo lugar a presentación dos 7 tomos do Teatro de Manuel Lourenzo, editados por Galiza Cultura, organización na que está integrada a nosa Sociedade MEDULIO. Contouse coa presenza do autor, o máis importante dramaturgo galego vivo, e un dos máis importantes dos séculos XX e o que vai de XXI, para alén de ser director de teatro e actor. No acto interviu o presidente de Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril, que explicou por que asumiron o reto da edición de obra tan voluminosa e puxo de manifesto a calidade da mesma, enfatizando tamén o papel de Manuel Lourenzo como intelectual comprometido co país, e impulsor e dinamizador de inicitaivas encamiñadas ao uso normal do galego na escena. O Grupo de Teatro de Medulio (en concreto, as actrices Ángeles Chedas, Luisa Sánchez Meizoso e Elia Rico Lagarón) fixo unha leitura, intencionada, de dúas pezas curtas do autor, As Amigas e A Terraza, como botón de mostra do seu teatro social, que foi moi aplaudida. Finalmente, Manuel Lourenzo respendeu, nunha entrevista no escenario, ás preguntas de Ángeles Chedas, que foi seguida con moita atención e interese polo público. Ao seu remate, os asistentes, postos en pé, renderon tributo de admiración a Manuel Lourenzo, con calurosos aplausos. Anexamos o video da entrevista para a súa audición e visión.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário