image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

A guerra na Ucraína, unha visión diferente

O día 13 de decembro tivo lugar no Antigo Hospicio a palestra sobre as causas e o significado da guerra ruso-ucraína, a cargo de Alberte Branco, escritor, especialista en política internacional, colaborador de Nós Diario. Medulio deu así voz a unha versión alternativa e diferente á que abafa todos os medios de comunicación, escritos e audiovisuais, no Estado español, e por tanto tamén na Galiza. A intervención de Branco puxo de manifesto a estratexia dos USA, a Otan, e a UE como comparsa, consistente en rodear Rusia con bases e armamento, usando Ucraína como punta de lanza, debido ao seu papel, derivado da súa orientación cultural e ideolóxica pro-occidental, o que, á súa vez, desatou a represión contra os sectores pro-rusos, partidarios da neutralidade, desde o ano 2008, e sobre todo desde 2014, con golpe de estado incluído. Aliás, o conflito non pode entenderse sen a reacción dos USA para manter a súa hexemonía mundial, en franco retroceso, reforzando a sumisión da UE ás súas estratexias, que teñen como finalidade última impedir que China se consolide como grande potencia mundial. Após a intervención de Branco, decorreu un coloquio coa viva participación de moitos dos asistentes. Partillouse a idea de a solución de o conflito pasar pola negociación entre as partes, desde a premisa de que Ucraína non ingrese na OTAN e aposte pola neutralidade como Austria, e do respeto polo dereito das zonas pro-rusas a decidir o seu futuro libremente autodeterminándose. En todo caso, púxose de manifesto a grave censura que se exercía nos medios impedindo unha información máis plural sobre este conflito que nos afecta de forma grave, pois se está a xogar nel o deseño do futuro, en boa maneira.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário