image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

A obra literaria completa de Carvalho por fin!

O día dez de maio deste ano 2022 presentouse ás 20 horas, na Libraría Galiano de Ferrol, a Obra literaria de Carvalho Calero, edición que correu por conta de Manuel Castelao Mexuto e de Pilar García Negro. Como subliñaron un e outra, difícilmente se pode facer unha homenaxe a un escritor se a súa obra literaria non está accesíbel. É o que estaba a pasar coa de Carvalho, excelente autor teatral, poeta e narrador. facetas que non foron o suficientemente valoradas pola crítica. Agora, por fin, editouse a súa obra literaria completa pola vontade de Manuel e Pilar, alumno e alumna do profesor Carvalho Calero na Universidade de Santiago. Trátase dunha edición impecábel, feita co respecto máximo pola conciencia lingüística de Carvalho e pola súa vontade e evolución. Cotexáronse as versións dactilográficas do autor e as editadas de cada unha das obras para fixar o texto nesta edición, que o Parlamento Galego, depositario da obra e a Biblioteca do autor, tivo o acerto de subvencionar. Grazas a esta iniciativa, a obra literaria de Carvalho pode ser accesíbel aos leitores e leitoras, única forma de descubrir o valor dunha obra aínda por descubrir, en boa maneira.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário