image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UNHA HOMENAXE CREATIVA A CARVALHO CALERO

A farsa das zocas, encenada por Medulio no Jofre o día 10 de abril A representación de A farsa das zocas coverteuse nunha homenaxe do público asistente a Carvalho Calero. Após gozar durante máis dunha hora dun espectáculo cénico cheo de ritmo, de plástica rechamante e actrices e actores envolventes e á altura do empeño, o público premiou con aplausos intensos e merecidos ás persoas que contribuíron co seu esforzo ao conseguilo. Ofrecemos unha reportaxe fotográfica e o video da función, que deixan albiscar o que decimos. O grupo de Teatro de Medulio ten xa comprometida outra actuación, con esta obra de Carvalho Calero, en Santiago para o día 21 de maio. A sátira ou farsa do noso autor, para alén das súas potencialidades escénicas, probou conter tamén unha intencionalidade de crítica social, moi apropiada para os tempos que corren.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário