image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

FACENDO HONOR Á OBRA ROSALIANA



Medulio celebrou o  día de Rosalía, 24 de febreiro, unha vez máis evidenciando o asombroso legado artístico, poético, da nosa poeta nacional, que tanta vida e ánimo nos dá como persoas e como pobo. Fíxoo, como debe facerse, espallando a súa obra poética, con coidadoso esmero, grazas a colaboracións e traballo desinteresado de moitas persoas. Visionamos un video sobre Cantares Gallegos, da AS-PG, gozamos coas pandeireteiras de Non Me Toques o Mandil. Ficamos absortos cos poemas Tembra un neno no húmido pórtico, Xan, Decides que o matrimonio..., Ti onte, mañá eu, A xusticia pola man, a cargo de Luisa Sánchez, Ramón Fernández e Óscar Díaz Montero. E vibramos e cantamos coas cancións rosalianas de Eugenia Sanmartín, coa súa voz e a súa guitarra, acompañada con violino e voz tamén por Nélida Santiago. Houbo canto colectivo de Adiós, ríos, adiós fontes, após o público entusiasmarse cos poemas cantados que tiña ouvido en boca de Eugenia, acompañada na súa entrada tamén por Nélida....Medulio agradece a todas as persoas que participaron en ofrecernos esta mostra da arte rosaliana o seu traballo xeneroso para facela posíbel. O sala do Antigo Hospicio chea, vibrou cos poemas rosalianos. 











Videos do acto:







Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário