image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

RICARDO CARVALHO CALERO : A CIENCIA AO SERVIZO DA NACION



Ricardp Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación



Con este título Pilar García Negro vén de editar unha antoloxía de textos ensaísticos de Ricardo Carvalho Calero, que constitúen unha síntese significativa dos temas que teñen sido obxecto de preocupación, análise e interpretación por parte dun dos intelectuais e escritores galegos  máis valiosos do século XX.  Os textos, como explica a profesora García Negro, abranxen un arco temporal de cincuenta e sete anos, desde 1930 até 1987. 

Apareceron en revistas e xornais dos anos trinta, como Nós e A Nosa Terra, ou a partir dos anos sesenta, en Grial, A Nosa Terra renacida en 1977, Agalia, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo. A súa temática reflicte o que foron e son temas recorrentes, por esenciais, no contexto da cultura e a sociedade galega, como a situación e o futuro da nosa lingua, a figura de Rosalía de Castro e a súa obra, as de Castelao, Otero Pedraio, Risco e Cunqueiro, o cerne ideolóxico do nacionalismo galego do primeiro terzo do século XX e o problema da plurinacionalidade, a diversidade lingüística e a autodeterminación na Constitución española e os Estatutos de Autonomía dela derivados.

Os numerosos asistentes seguiron con atención a presentación deste libro por Pilar García Negro na Libraría Galiano o día 3 de Decembro, incisiva, documentada e  entusiasta, como adoita. A seguir abriuse un coloquio que durou até pasadas as 10 da noite.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário