image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

OS GALEGOS XA NAVEGARON CARA AO NORTE NA ANTIGÜEDAD.

No Castelo de Moeche, contando coa colaboración do Concello, a Sociedade Cultural Medulio organizou unha palestra co Director do Instituto de Estudos
Celtas Ramón
Sainero sobre a Relación Galiza-Irlanda.
Este gran coñecedor da literatura
irlandesa escrita en
lingua gaélica confirmounos que polo ADN son irmás, e non pola súa cultura. A ciencia, e particularmente a xenética,
demóstrannos que os galegos xa navegaron cara ao norte na antigüidade, como nas
lendas. Desde Galicia colonizáronse as terras de Irlanda.
Tamén subliñou con verdadeira pena que «agora, cando chegas a Irlanda, a lugares nos que a xente se expresaba en irlandés sempre, dinche, en inglés, que esperes un momento, que van chamar á
persoa que sabe falalo un pouco para que te atenda. Sobre que futuro lle espera
á lingua
gaélica irlandesa, Sainero é pesimista xa quecre que chegará un momento no que en Irlanda só o un por cento
da poboación fale irlandés e para que unha lingua perdure non chega con
querela, o que hai que facer é falala.
No coloquio posterior expresouse discrepancia respecto da visión de Sainero de falar de España como se xa existise 7000 anos antes de Cristo e o seu recurso a considerar as galegos ou vascos españois cometendo un evidente anacronismo. Neste aspecto a palestra do profesor Sainero moveuse dentro do deseño a que nos ten habituado a historiografía españolista.
A parte musical correu a cargo unha vez máis de Xoan Padin con poemas musicados dun dous grandes escritores dá literatura galega, Eduardo Pondal. O fin de festa celebramolo con unha cea de
fraternidade e compañeirismo.









Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário