image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Déixate de ódegas, cando a realidade fala por si mesma

Tivo lugar o día 23 de setembro na Libraría Galiano a presentación deste libro coa participación do seu autor  na Libraría Galiano, Xosé  Manuel Vega, xornalista da CRTVG, cun amplio bagaxe na súa profesión, e merecido prestixio pola honestidade da súa conduta informativa e o valor da súa creación documental. Acompañado do editor, que tamén interviú, Vega expresou a súa experiencia como neno labrego dos Ancares na década dos sesenta-setenta até a súa marcha como becado a unha Universidade Laboral  en Cheste (Valencia).
 
Comunicou todo o que de neno vivira e o sorprendera ou intrigara no seu medio familiar, e no de arredor, unha realidade vitalista, chea de traballos, esforzos, sabedoria, silencios, medos, festas e represión, facendo aboiar unha lingua dunha calidade inusitada polo seu vocabulario concreto....O resultado foi unhas narracións unidas polo neno como protagonista que se van desenvolvendo coa forza que a mesma realidade contada contén e cunha técnica literaria que as estrutura a partir de frases coloquiais que resoan no seu ouvido como lembranza de situación vividas e de personaxes que o rodeaban...Un libro que nos lembra canto se podía facer na nosa literatura a partir da atención ás mutacións que se produciron no noso país, moitas delas non precisamente para ben desde o punto de vista colectivo...
 
As palabras do autor levaron a que houber un coloquio demorado no que se contrastaron opinións sobre o noso mundo rural hoxe desaparecido, sobre a forma de encarar o autor artisticamente a realidade vivida e sobre a lingua usada, entre outros temas de interese...Ao final, Xosé Manuel Vega asinou numerosos exemplares do seu libro aos asistentes que o adquiriron.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário