image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UN ESPECTACULO CONMOVENTE

A presentación do cd PONDALIANA no Torrente Ballester o día 28 de xuño converteuse nun acto que entusiasmou ao público presente. Lidia Piñeiro, Alberte López Porta, Xoán Padín, Andrés Pazos Bellón, Alberte Maceiras e Nélida Santiago, voces e instrumentos que o fixeron posíbel, recibiron aplausos sonoros e repetidos. 

Para ilustrar o contido do cd, escolleron os seguintes poemas de Pondal, musicados: Muitas veces nos matos nativos..., Carballos de Carballido, Eu son da montaña..., Eu sei dunha doce meiga..., Afiade esas fouces..., Os vermes odiosos e rastreiros...O combate de Dumbría, Ou! mazarico que cantas...Este último unha estrea, que non contén o cd, como novidade de agasallo.

Roberto Vázquez presentou o espectáculo. O entusiasmo foi tanto que obrigou os artistas a repetir tres cancións ao final. A venda de cd expresou a satisfacción dos que viron e ouviron a  pequena mostra do que contén en vivo.  





Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário