image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

O reino de Galiza no século XIII, seguindo a información de Vicetto

O 12 de abril tivo lugar a terceira palestra do ciclo sobre Vicetto a cargo de Antonio Casal Velázquez. O historiador e arqueólogo, analizou os reinados de Afonso VIII de Galiza e León , e Fernand III e Afonso IX de Castela, Galiza e León. Fixo especial énfase en explicar o que significou a perda dunha monarquía propia do reino de Galiza, após morrer Afonso VIII, malia ter preparado todo para non facilitar e facer inviábel mesmo unha acumulación dos seus reinos a Castela baixo a coroa de Fernando III. 
 
Asemade indicou as diferenzas na liña política do primeiro rei en contraste cos outros dous, respecto do mundo musulmán, en relación con Portugal e o Papado. Neste aspecto foi evidente a intención de Afonso VIII de construír unha relación dinástica con Portugal que conducise á unidade perdida con Galiza, a través da política matrimonial, a súa renuencia á ´práctica unha política de cruzada contra os musulmáns e a pauliña e hostilidade do papa contra el. En contraste, a política dos outros monarcas foi a de apartar Galiza de Portugal, servir as consignas papais e beneficiarse do apoio eclesiástico a favor da consecución da hexemonía dentro dos reinos cristiáns da Península, sendo servís co espírito de cruzada. 
 
Ocupou unha parte da exposición o aspecto cultural e lingüístico, pondo de manifesto o proceso de normalidade en canto a desempeñar usos formais por parte do galego-portugués reservados até entón ao latín, con Afonso VIII, un monarca el tamén trovador, que impulsou a poesía na súa cote itinerante.
 
Desenvolveuse a seguir un coloquio coa intervención de varios dos asistentes, que axudou a clarificar ou debater aspectos escuros ou de interese.
 


 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário