image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Outra didáctica e interesante palestra sobre Benito Vicetto e a súa Historia de Galiza

O día 28 de febreiro celebrouse, como estaba programada, a segunda palestra, sobre Ferrolterra, Eume e Ortegal no século XII na Historia de Galiza de Benito Vicetto. Correu por conta de Manuel Pita Gómez, graduado en historia e membro da Asociación Ferrolterra Antiga. Debullou con capacidade de síntese e habelencia pedagóxica todo o que representaron  os reinados de Afonso VII e Fernando II, con especial referencia ao papel dos Trava como clase dirixente galega, para o reino de Galiza e as comarcas devanditas. Asemade prestou especial atención á relación dos mosteiros de San Martiño de Xuvia, Monfero e Caaveiro con estes monarcas e os condes de Trastámara ou Trava. Ao remate da súa intervención abriuse paso un animado coloquio que versou sobre a idea de España entón, sobre o descoñecemento da historia de Galiza e da súa función como reino orixinario e máis poderoso na Península nos séculos XII e XIII. O local do centro Cívico encheuse con persoas do barrio de Ferrol Vello  na súa maioría ..
 



 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário