image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

CICLO SOBRE BENITO VICETTO E A SÚA HISTORIA DE GALIZA

No ano que vén de pasar, cumpríronse 140 da morte de Benito Vicetto. A efeméride pasou sen pena nin gloria. Porén, Benito Vicetto e a súa obra representan a maior contribución intelectual que deu un fillo de Ferrol a Galiza, por máis que sempre sufrise un certo desprezo e marxinación, como se se tratar dun escritor hiperbólico e algo fóra da realidade que, entre outras cousas, fixo a historia do seu país. Seguramente por iso, é polo que foi tan incomprendido, pois se trataba dunha tarefa inxente e atrevida: demostrar que Galiza foi o reino más antigo da península e seguir, coa documentación como fonte, paso a paso unha evolución histórica, que, no sistema educativo, nas historias oficiais, simplemente dáse por inexistente.

É por iso que a Sociedade Cultural Medulio e a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga tomaron a decisión de dedicar un ciclo a Benito Vicetto e, en concreto, á súa Historia de Galicia, que se vai desenvolver en catro palestras. A primeira, a cargo do historiador Rubén Labisbal, sobre Benito Vicetto e a súa obra, de carácter xeneral, terá lugar o venres, día 1 de febreiro, ás 20 horas, no local da Asociación de Veciños de Ferrolvello, que colabora así a esta homenaxe a quen naceu no barrio máis antigo de Ferrol, onde ten unha rúa co seu nome, Benito Vicetto, sen que moitos dos seus
veciños e veciñas saiban quen foi.

As seguintes palestras celebraranse os días 28 de febreiro, 5 de abril e 3 de maio, no mesmo local, versando sobre a visión histórica de Vicetto sobre Ferrolterra, Eume e Ortegal, nos contextos do reino de Galiza, nos séculos XII, XIII e XIV, a cargo, respectivamente, de Manuel Pita Gómez e Antonio Casal Velázquez, historiadores, e Francisco Rodríguez, escritor

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário