image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Terceiro magosto fraterno de MEdulio

 
Membros da Sociedad Cultural Medulio e simpatizantes celebramos o noso terceiro  magosto fraterno o sábado, día 3 de novembro, en Lago (Valdoviño). A finca do noso socio Fidel foi o escenario, onde pasamos cinco horas de conversa animada, cancións, música e baile. 

Non faltaron as castañas e os chourizos á grella, ben preparados por Guillerme e Remedios, e as máis variadas lambetadas (algunhas elaboradas por Remedios e Luisa) e viños de distinta procedencia, galegos e  cataláns, en especial . Luisa, Mercedes, Pepa e Fadrique, xunto con Guiillerme, Remedios e Fidel, ocupáronse de que toda a intendencia estiver ben disposta á hora en punto...

Unha cabaza do samaín acompañounos  e a gaita, tocada con habelencia por Manuel Viqueira, marcou as pautas da festa que culminou entoando o himno galego enteiro, como debe ser.



Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário